Un veciño da rúa da Tixola nos Mércores da Casa da Lectura

Este mércores ás 18h na Casa da Lectura visítanos un veciño da rúa da Tixola.

Ah, que non escoitaches falar nunca desta rúa? Pois ven coñecer as divertidas historias dalgunhas das persoas que alí viven, de Violeta Parapluie, que viu de París, ou de Mónica Minimoni, que non sabe de que cor é un bico.

Ademais, esa rúa é moi musical: todxs bailan e cantan ata que se van a durmir!

E como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *