O xoves 12 de xaneiro ás 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, celébrase a primeira xuntanza do novo ano do club de lectura Sete Vidas. Nesta ocasión a lectura que se escolleu para ler e comentar é «A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey», de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows (Rinoceronte Editora), unha excepcional historia sobre a illa de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club de lectura tan extraordinario coma o seu nome. Nada mellor ca a lectura desta novela para celebrar a continuidade do club Sete Vidas un ano máis.