Unha nova tempada de Contos en Cueiros na Biblioteca Municipal de Gondomar!

O vindeiro venres 27 de outubro ás 18h comezamos Unha nova tempada de Contos en Cueiros na Biblioteca Municipal de Gondomar!

Queremos convidarvos a unha sesión de presentación da tempada 2023-2024. Nesta actividade buscamos achegar os libros e a lectura aos bebés desde o nacemento ata os 3 anos.

Nesta sesión inicial, que ten carácter informativo e non precisa de inscrición previa, reflexionaremos acerca dos beneficios de iniciar a lectura en galego a idades temperás, e proporemos algúns consellos e estratexias para levalos a cabo.

Tamén vos informaremos dos materiais dispoñibles en préstamo en EL para os nosos usuarios e usuarias máis novas.

Esta sesión de presentación vai dirixida a público adulto, polo que vos recomendamos vir sen os nenos e nenas.

Esta actividade está pensada tanto para as usuarias e usuarios de nova incorporación como para as que xa coñecedes e formades parte de Espazo Lectura.

Agardámosvos!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *