O día 24 de maio a sesión de dinamización lectora dos mércores da Casa da Lectura correrá a cargo de varios membros do Comando Le, que a encherán de bechos con contos como Mosquito, Rita, A casa da mosca Chosca ou Unha eiruga moi larpeira. Coma sempre, a actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
A anterior sesión estivo centrada no conto Onde viven os monstros de Maurice Sendak. Os nenos e nenas escoitaron moi atentos a historia, pero tamén aprenderon a ruxir coma monstros e tamén a bailar coma eles. Ademais, levaron cadanseus monstros feitos por eles mesmos para a casa. Estas son as imaxes dese día: https://goo.gl/photos/A9JrX3FA7vw5K2rY6