Unha sesión para chupar os dedos, na Casa da Lectura!

Este mércores na Casa da Lectura coñeceremos os sentidos e xogaremos co gusto e os sabores dos alimentos a través de contos cheos de historias ben sabedeiras. Non perdades esta oportunidade de degustar contos na biblioteca!

Como é habitual, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.

O mércores da semana pasada Cris achegounos á poesía a través de relatos e poemas que poderemos recitar co murmurador de versos que realizamos no obradoiro.

Podedes ver as imaxes aquí: 

Casa da Lectura_18MAR26_5

E lembrade: volvemos o mércores 8 de abril! 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *