Shhh…! Escoitades? O mércores, na Casa da Lectura, viaxaremos a un souto escuro e periogoso. Para atravesalo só precisamos unha vasoira voadora, amigos e moita astucia. E se polo camiño atopamos algún medo non vos preocupedes, que ao final imos gardalos todos baixo chave. Agardámosvos!
A biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.
A semana pasada Aida e Yaiza trouxeron o mar á Casa da Lectura. Escoitámolo, cheirámolo, e puidemos coñecer algúns animais que viven nel. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón:





