Violencias sexuais e amor romántico no Comando Le de novembro

Este vindeiro sábado 29 de novembro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a primeira das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives”

            Comezaremos coa sesión “Violencias sexuais e amor romántico” que será dirixida, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos). Agardamos aprender moito e pasalo moi ben nesta nova aventura.

            Á sesión anterior do Comando Le acudiron 19 rapaces e rapazas con moitas novas incorporacións. Foi unha sesión de acollida e coñecérmonos. Fixemos varias dinámicas moi divertidas e tamén explicamos en que consiste a actividade e algunhas cousas das que fixemos na tempada pasada. Presentamos G-BOOK3 e algúns apuntamentos sobre a tempada que comeza. Tamén nos organizamos para crear equipos que vaian contar contos ás sesións dos mércores da Casa da Lectura ao longo desta tempada. En definitiva, xa está navegando o Comando Le 25-26.

Vémonos na Casa da Lectura o sábado 29 de novembro!

ANILIJ Investigación – Instagram

ANILIJ Investigación – Facebook

Facultade Filoloxia e Tradución

Sabela Salgueiro – Instagram

Kidcode Academy

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *