Volve o Contomar

O vindeiro luns 5 de outubro, ás 18:00h, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar a primeira sesión do Contomar desta tempada.

O Contomar é un contacontos organizado por Espazo Lectura e dirixido a nenos e nenas de 3 a 9 anos acompañados das súas familias. 

Nesta sesión abriremos a porta a unha nova tempada chea de contos, personaxes, aventuras e sorpresas. Agardámosvos para comezar xuntas e xuntos esta viaxe por moitas historias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *