Volve o Lecturas Debuxadas con “La nueva Arcadia”

O club de cómic de Espazo Lectura bota a andar unha nova tempada co libro La nueva Arcadia de Juanjo Rodriguez J. de Nuevo Nueve.

Trátase dunha novela gráfica que combina humor e sátira social para abordar temas como a especulación inmobiliaria, o turismo masivo e o impacto do desenvolvemento económico nas comunidades locais.

O protagonista é Prometeo Higadillo, un ambicioso axente inmobiliario que chega a un pequeno pobo mediterráneo coa misión de impulsar un gran complexo turístico. Porén, os intereses empresariais chocan coa resistencia dunha peculiar familia que se nega a vender os seus terreos.

Cunha visión irónica e uns personaxes extravagantes, o cómic invita a reflexionar sobre o prezo do progreso e os conflitos entre o beneficio económico e a identidade dun lugar.

A sesión terá lugar o martes 20 de outubro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Agardámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *