Este mércores 15 de xaneiro ás 18:00h, a Casa da Lectura retoma as actividades de dinamización lectora tras as vacacións de Nadal.
Nesta primeira sesión do ano achegarémonos ao tempo invernal: frío, ceos grises, chuvia… Aparecerá o arco da vella para enchelo de cores? Agardámosvos para descubrilo!
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.
Na sesión anterior o equipo coordinador preparou unha sesión arredor do Nadal para despedir o ano e nos contaron: Xaime e as landras, A mellor sopa do mundo, A familia de Basilisa e Homiño de mazapán. Despois da contada, realizamos o noso adorno para decorar a árbore de Nadal cos nosos desexos para o ano 2025.
Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: