Volven os mércores da Casa da Lectura!

Como cada mes de outubro volve a actividade á Casa da Lectura. Reservade o mércores 1 de outubro, ás 18:00h, para descubrir a sorpresa que nos agarda na biblioteca da Casa da Lectura e que será só o comezo dunha tempada chea de contos e actividades do máis variadas. 

As sesións están deseñadas para familias con nenas e nenos de 3 a 10 anos. Nelas, ademais da lectura de varios contos cun fío condutor, realizarase un obradoiro que enriquece e diversifica a súa mensaxe. O obradoiro pode ser un xogo, unha manualidade, a elaboración dunha ilustración, unha actividade musical, etc. 

Nesta primeira sesión da tempada non se realizará o empréstito de libros, pero a partir deste día a biblioteca estará aberta todos os mércores de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros. 

Agardámosvos. Imos precisar da vosa axuda para comezar esta tempada!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *