Volven os mércores da Casa da Lectura!

O mércores 7 de outubro, ás 18:00h, a Casa da Lectura retoma a súa actividade para gozar dos contos, dos obradoiros e facer tribo ao redor dos libros.

As sesións están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos e ás súas familias. Nelas, ademais da lectura de varios contos cun fío conductor, realizarase un obradoiro que enriquece e diversifica a súa mensaxe. Un xogo, unha manualidade, a elaboración dunha ilustración, música… todo pode pasar neste espazo cheo de historias!

Nesta primeira sesión da tempada non se realizará préstamo de libros, pero a partir deste día a biblioteca estará aberta todos os mércores de 17:30h a 18:00h para que, aqueles que o desexen, poidan facer uso dela. 

Agardámosvos os mércores na Casa da Lectura! 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *