Ah, que xa non lembrades en que consistía a actividade! Claro, demasiadas pandemias e reformas!
Pois os mércores ás 6 da tarde, na Casa da Lectura, vai haber contos, vai haber música, vai haber teatro, vai haber festa…vai haber maxia!
Unha actividade de dinamización lectora para nenos e nenas de 3 a 10 anos, acompañados das súas familias, que é unha explosión creativa, unha maneira diferente de viaxar polos contos e sorprendernos con todo o que se agocha en cada historia.
Cada semana un contador ou contadora. E hipopótamos, bonobos, piratas, avós e avoas, monstros, ratos, chibos chibóns, lúas que escachan de risa, panadeiras, toupas, violinistas…
A partir do 9 de outubro, en Donas, nunha casa que é de todas e todos: a Casa da Lectura.
Apuntádeo nas vosas axendas…e pasade a boa nova!!!
Espalládea polo Val Miñor!