“Winesburg, Ohio” no Sete Vidas

O vindeiro xoves 13 de marzo o Sete Vidas volta cunha nova sesión na que falaremos de Winesburg, Ohio do autor estadounidense Sherwood Anderson, traducida por Carlos Valdés García e editada por Irmás Cartoné.

Na pequena vila de Winesburg, rodeada de granxas e cultivos, as vidas dos veciños entretécense nunha trama mesta. Todos eles son observados por George Willard, xove reporteiro do Winesburg Eagle, o xornal local, que intenta casar a profesión coas súas tendencias artísticas mentres se achega á maioría de idade. Composta por vinte e dous relatos interconectados que poden lerse como unha novela, a obra relata un momento en que o desenvolvemento industrial comeza a alterar a vida no Medio Oeste.

Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *