Xa está aquí unha nova tempada de Contos en Cueiros! 🥰

  1. O vindeiro venres 23 de outubro, ás 18:00 h, temos unha cita na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) para compartir contos, cancións e momentos especiais cos máis pequenos e pequenas da casa.

    Nesta primeira sesión, que leva por título Cóntame desde o principio, descubriremos un pouquiño máis sobre Contos en Cueiros e o proxecto Espazo Lectura. E, por suposto, non faltarán as historias, a música e as palabras para escoitar, mirar e gozar en compañía.

    Un encontro pensado para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias, porque nunca é demasiado cedo para comezar a descubrir o pracer dos libros!

    Como participar?

    A actividade é gratuíta, pero cómpre inscribirse previamente, xa que as prazas son limitadas para garantir un ambiente cómodo e tranquilo para os bebés.

    Dispoñemos de 16 prazas para bebés, cada un acompañado dunha persoa adulta. Terán prioridade os fillos e fillas das persoas socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

    Para solicitar praza, só tedes que enviar un correo a contosencueiros@gmail.com antes das 12:00 h do mércores 21 de outubro, indicando:
    • Nome do bebé.
    • Ano de nacemento (2024 ou posterior).
    • Nome da persoa adulta acompañante.
    • Teléfono de contacto.
    • Se sodes socios ou socias de Espazo Lectura, nome da persoa socia.

    Importante: unha vez rematado o prazo de inscrición, recibiredes un correo para confirmar se tedes praza ou quedades na lista de espera. Lembrade que a inscrición non estará confirmada ata recibir esa resposta.

    Agardámosvos con moitas ganas de compartir contos, cancións e sorrisos! 📖💛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *