Xa estamos de volta!

Despois deste merecido descanso invernal, as historias e as experiencias volven encher os mércores na Casa da Lectura. Nesta ocasión a sesión estará centrada no mundo da arte. Da man dalgunhas artistas visitaremos as formas, as cores e, sobre todo, as emocións que se manifestan e se expresan nas representacións plásticas. Agardámosvos!

A biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.

Na última sesión do ano os coordinadores e coodinadoras da Casa da Lectura déronlle a benvida ao inverno contando “Renato” (Kalandraka), “Ovelliña dáme la” (Kalandraka), “Maruchi e o gancho” (Galaxia) e “As manoplas de Carapuchiña” (OQO). Durante a sesión, teceron e prepararon un rico chocolate quente.

E tan ben foi a contada que ata nevou! Podedes ver as imaxes da sesión aquí:

IMG_20251217_180341774_HDR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *