“Xaora” nun club compartido entre o Daquelas que Len e o Lecturas Debuxadas

O vindeiro martes 22 de abril os clubs Lecturas Debuxadas e Daquelas que Len reuniranse nunha sesión conxunta para falar da segunda novela gráfica de Ana MoreirasXaora (Aira editorial).

A obra trata de como a protagonista, Virxinia, xornalista na TVG, afronta un momento de crise existencial causada polas frustracións das expectativas que ten da vida e ás que se suman as cicatrices emocionais. Na procura de respostas que a axuden, non só coas dores físicas que padece, senón tamén e para encarar a vida de adulta, aparece a visita da pantasma da súa avoa, unha muller vitalista, descarada, feliz por recuperar os vizo da mocidade, que a axudará a comprender que é o realmente valioso e auténtico.

Unha historia chea de humor e reflexión sobre o noso tempo e o noso país.

O encontro terá lugar ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza da autora.

Ana Moreiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *