Este próximo sábado 29 de maio terá lugar a última sesión da tempada do Comando Le, cunha xincana literaria na que os comandoleiros e comandoleiras terán que superar diferentes xogos e probas. Será unha sesión especial que se celebrará ao aire libre, na zona exterior da Casa da Lectura, de 20:00h a 23:00h, respectando as medidas sanitarias. Haberá sorpresas, cearemos xuntos -aínda que sen compartir comida- e aproveitaremos para despedir os comandoleiros e comandoleiras que non van seguir participando na actividade a próxima tempada.
Deixamos a continuación as imaxes da sesión de abril, na que houbo unha primeira parte dedicada a música e poesía e unha segunda parte na que fixemos un obradoiro para achegarnos á figura e á obra de Xela Arias: