O luns 27 de maio, no Contomar, celebraremos a última sesión da tempada acompañados de Xirafa e Crocodilo, os protagonistas dos contos Crocodilo namorado, Unha casa a medida, Unha parella diferente e Unha familia normal, a serie de Daniela Kulot editada en galego por Kalandraka.
Ademais, nesta sesión entregarémoslles un agasallo aos nenos e nenas que máis estrelas teñen nos seus carnés.
Nas seguintes imaxes pódense ver varios momentos da sesión do luns pasado.