Espazo Lectura organiza esta fin de semana a XIV Noite na Biblioteca, que se celebrará dende a noite do sábado 25 á mañá do domingo 26 de maio na Biblioteca Municipal de Gondomar.

A Noite na Biblioteca deste ano vai estar dedicada ás viaxes. Nela van colaborar como monitores e monitoras os membros do Comando Le de Espazo Lectura.

Os destinatarios serán 21 nenos e nenas que están cursando este ano Educación Primaria e que participaron ao longo do curso nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura (o Contomar e o Club de lectura compartida Lendo Contigo), así como os fillos e fillas de persoas asociadas a Espazo Lectura.

Os nenos e nenas chegarán o sábado 25 ás 21.30h, logo de cear. Será unha noite chea de contos, xogos e actividades arredor do libro e a lectura. Ás 24.00h poderán gozar do espectáculo A corva. Compoñedora de Contos a cargo de A Cova das Letras.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *