O sábado 7 de marzo terá lugar, no Salón de Libro de Pontevedra, a xornada de mediación lectora “Moito por ler!”, un espazo de encontro e convivencia entre librarías, clubs de lectura, bibliotecas e divulgadores e divulgadoras do libro galego nas redes.
Espazo Lectura participará nesta xornada, unha nova iniciativa que impulsa o Salón do Libro xunto coa Funcación Xistral e o seu proxecto “M8 por ler”.
A inscrición é de balde, enviando un correo a salondolibro@pontevedra.gal.



