XV DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER. Día do libro en Gondomar.

Con motivo da celebración do Día do Libro, mañá, sábado, 23 de abril, a asociación Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, terá lugar o XV Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras que queren compartir cos demais e recomendar. Con esta iniciativa pretendemos celebrar o Día do Libro lendo.
Aínda que a primeira ubicación que estaba prevista era nos xardíns da Casa Peralba, as condicións meteorolóxicas lévanos a que o acto se celebre no edificio do antigo Matadoiro de Gondomar.
Con este acto, que comezará ás 19:30 horas e rematará sobre as 21:30 aproximadamente, poñemos de manifesto a necesidade de levar a lectura a todos os espazos da vida pública.
Non é preciso permanecer todo o tempo.

Agardámosvos!