Servizo de empréstito

Data: todos os mércores (exceptuando os períodos de vacacións escolares).

Hora: 17:00 a 18:30 horas.

Lugar: Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, 36388, Gondomar).

Coordinadoras: Marta Fernández, Rita Fernández, Beatriz Núñez e Eli Suárez.

Espazo Lectura conta cunha biblioteca dotada con fondos enviados desde as editoriais socias protectoras e que na actualidade conta con máis de 4.000 exemplares.

A biblioteca da Casa da Lectura está integrada no proxecto Meiga da Rede de Bibliotecas de Galicia e premendo aquí podes consultar o catálogo de fondos bibliográfico.