As nosas redes
Próximos eventos
Abril 2026
Abr 19
19 Abril 2026
Sesión de lecturas compartidas en voz alta na Cafetería Keik

As nosas fotos

Contomar 13/04/20264 photos

Casa da Lectura 15/04/20268 photos

Daquelas que len 21/02/202611 photos

Casa da Lectura 8/04/202615 photos

Casa da Lectura 25/03/202612 photos

Contomar 23/03/20267 photos

Casa da Lectura 18/03/202610 photos

Lecturas Debuxadas 17/03/20263 photos

Contomar 16/03/20265 photos

Lendo Contigo 14/03/202611 photos

Comando Le 14/03/202619 photos

Contomar 9/03/20264 photos

Casa da Lectura 11/03/202628 photos

Moito por ler! Xornada de mediación lectora 7/03/20267 photos

Sete Vidas 05/03/20264 photos

Comando Le 28/02/202611 photos

Lendo Contigo 28/02/202619 photos

Casa da Lectura 4/03/202615 photos

Contomar 2/03/20265 photos

Casa da Lectura 25/02/202620 photos
Contomar
11/04/2026O próximo luns 13 de abril, ás 18:00 horas, terá lugar unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior visitáronnos as mestras do CEIP Chano Piñeiro, centro educativo socio protector de Espazo Lectura, que nos agasallaron cunha proposta moi especial. Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
20/03/2026O próximo luns 23 de marzo, ás 18:00 horas, celebrarase unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar dirixida a nenas e nenos de 3 a 9 anos. Nesta ocasión, o Contomar recibirá a visita dun grupo de mestres/as do CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), centro educativo socioprotector de Espazo Lectura. Na sesión anterior contamos: – Algo pasa na casa do lobo (OQO). – O galo que puxo un ovo (OQO). – Chófer de sandías (Kalandraka). – A pota que trota (OQO). – Chuvisca (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
15/03/2026O próximo luns 16 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: (Non) A todas as nenas lles gusta o rosa (Xerais). Tartaruga vs. Lebre. O desquite (Kalandraka). A bruxa regañadentes (OQO). Cándido e os demais (Kalandraka). O segredo das Cíes (Baía edicións). Cinco minutos de paz (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
08/03/2026O próximo luns 9 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión contamos:– Rumores no bosque (OQO). – Nadarín (Kalandraka). – A panadería (Kalandraka). – A pequena osa quere xogar (Xerais). – Corvo (Algar). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
01/03/2026O próximo luns 2 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.Na sesión anterior contamos: Miña casiña, meu lar (Galaxia). Grande e pequena (Kalandraka). Croco (OQO). Moncho e a mancha (Kalandraka). Ganapán e Garabato (Pepa a Loba Editora). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
21/02/2026O próximo luns 23 de febreiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior celebramos o 20 aniversario do Contomar e contamos:– A casa da mosca chosca (Kalandraka). – Adiviña canto te quero (Kókinos). – Mariluz avestruz (OQO). – O coelliño branco (Kalandraka). – A rebelión da lectura (Cumio). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
06/02/2026Este luns 9 de febreiro, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Gondomar acollerá unha sesión moi especial do Contomar, coa que celebraremos os 20 anos do seu nacemento. O Contomar é unha actividade de contacontos en lingua galega que se constitúe como a actividade fundacional de Espazo Lectura. Desde a súa creación, converteuse nun espazo de encontro estable entre as familias e os contos, un lugar onde a palabra narrada, a escoita compartida e o pracer pola lectura tecen comunidade arredor dos libros. Ao longo destas dúas décadas, o Contomar foi medrando sesión a sesión, acollendo xeracións de nenas e nenos, familias e historias, sempre coa lingua galega como fío condutor e coa oralidade como ferramenta para achegar a literatura desde idades temperás. Na sesión anterior contamos: – Maruxa (OQO). – O avó de Zulaimar (OQO). – Osa (Kalandraka). – A nena que abrazaba as árbores (Alvarellos editora). – O grúfalo (Patas de peixe). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
01/02/2026O próximo luns 2 de febreiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos:– Elvira (Antela). – Sacapenas (Kalandraka). – Xa non son malo (Antela). – A tartaruga que quería durmir (OQO). – Dila crocodila: espremer os miolos (Triqueta verde). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
24/01/2026O próximo luns 26 de xaneiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos:– Cinco minutiños máis (Blackie Books). – Ranilda (OQO). – Vai polo pan (Cumio). – O paseo do elefante (Lata de sal). – Paco trolas (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
17/01/2026O próximo luns 19 de xaneiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos:– Elmer e Wilbur (Kalandraka). – Rato Tom e Rata Tomasa (OQO). – Papá, por favor, achégame a Lúa (Kalandraka). – O elefante que perdeu o seu ollo (Kalandraka). – Non é unha caixa, é unha cidade (Kalandraka) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
11/01/2026O próximo luns 12 de xaneiro, ás 18:00 horas, primeira sesión do ano do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.Na sesión anterior contamos:– Un ano enteiro (Kalandraka). – Soño de neve (Kalandraka). – Os fantasmas non petan na porta (Algar). – Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de Reis (Kalandraka). – Sempre Nadal (Triqueta Verde). – A mellor sopa do mundo (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
13/12/2025O próximo luns 15 de decembro ás 18:00 horas, última sesión do ano do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – A gran fuxida (Belagua Ediciones). – Amelia quere un can (Kalandraka). – Non quero ser un polbo (OQO). – Crias de animais. Quen son? Europa (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
30/11/2025O próximo luns 1 de decembro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Luuume! (Antela Editorial). – Esperando o amencer (Kalandraka). – Chuvisca (Kalandraka). – As caras da miña choiva (Galaxia). – Despois da chuvia (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
24/11/2025Este luns 24 de novembro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos e cantamos: – Monstro Azul (Apila ediciones). – Rumba das apertas (A nena e o grilo) de Magín Blanco. – Iriña bailarina (Edicións Embora). – Imos bailar (Ola! Ola! La!) de Mamá Cabra. – O pirata pata de lata (Kalandraka). – Pirata metepata (Cantando conmigo) de Mamá Cabra. – Piratas (Toc Toc) de Pablo Díaz. – Pete o gato (Lata de sal). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
16/11/2025O próximo luns 17 de novembro ás 18:00 horas terá lugar unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar, dirixida a nenas e nenos de 3 a 9 anos. Nesta ocasión, cantaremos cos contos Monstro azul, Iriña bailarina e O pirata pata de lata, ademais de gozar con algunha que outra sorpresa máis. Todo isto da man de Anxo Iglesias e Pablo Rial. Agardámosvos! Na sesión anterior contamos: – O gato montés (Triqueta Verde). – Que roubo máis boubo (OQO). – Xela, aventura na fraga. – Onde estás, Caracol? (OQO) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
09/11/2025O próximo luns 10 de novembro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Monstr3s (Patas de Peixe). – Noite de golpes (Kalandraka). – A bruxa regañadentes (OQO). – Corre corre, cabaciña (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
25/10/2025O próximo luns 27 de outubro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – A voda do galo pinto (OQO). – Cono can (Patas de peixe). – Ai! (Aira editorial). – Violeta ás agachadas (Xerais). – Unha unicornia (Xerais). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
19/10/2025O próximo luns 20 de outubro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Que precisa un gato pequeno? (Kalandraka). – Un banquete fabuloso (OQO). – Nicolás vai á biblioteca (Kalandraka). – A porqueira (NubeOcho). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
12/10/2025O próximo luns 13 de outubro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – A banda que ninguén coñece (Kalandraka). – O incrible neno devorador de libros (Patas de peixe). – Amigos (Kalandraka). – A señora A e o señor Z (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
25/05/2025Despois dunha tempada máxica chea de sapos, lobos, carteiros que non sabían ler, cincentas con zapatillas peludas, poesía, cans, banquetes fabulosos, música… o Contomar chega ao seu fin. O vindeiro luns 26 de maio, ás 18:00 horas, última sesión do Contomar desta tempada na Biblioteca Municipal de Gondomar. Na sesión anterior contamos: – Tío lobo (Kalandraka). – Irmáns (Algar). – Son calado (Hércules De Ediciones). – O soño do osiño rosa (OQO). – Os nenos porcalláns (Pepa a Loba). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
19/05/2025O próximo luns 19 de maio ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – O carteiro que non sabía ler (Triqueta Editora) e Dona Carme (Triqueta Editora), en colaboración coa Libraría Libraida. – A cabra boba (OQO) – Quero andar sen rodiñas (Kalandraka). – Cincenta e as zapatillas peludas (Xerais) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Contomar
17/04/2026Este luns 20 de abril ás 18:00h, a Casa da Lectura (Donas) énchese de música, contos e diversión co espectáculo Rockeando coa Ramona Pequena, a cargo de Pakolas. Unha proposta chea de ritmo, humor e historias que fará gozar ás crianzas… e tamén ás familias. Agardámosvos! [...]

04/10/2025Chegou outubro e con el unha nova tempada do Contomar, sesións contacontos dirixidas a nenas e nenos de 3 a 9 anos e as súas familias. Vémonos o vindeiro luns día 6 de outubro ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar para gozar de novos contos e historias. Agardámosvos! [...]
25/05/2025Despois dunha tempada máxica chea de sapos, lobos, carteiros que non sabían ler, cincentas con zapatillas peludas, poesía, cans, banquetes fabulosos, música… o Contomar chega ao seu fin. O vindeiro luns 26 de maio, ás 18:00 horas, última sesión do Contomar desta tempada na Biblioteca Municipal de Gondomar. Na sesión anterior contamos: – Tío lobo (Kalandraka). – Irmáns (Algar). – Son calado (Hércules De Ediciones). – O soño do osiño rosa (OQO). – Os nenos porcalláns (Pepa a Loba). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
19/05/2025O próximo luns 19 de maio ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – O carteiro que non sabía ler (Triqueta Editora) e Dona Carme (Triqueta Editora), en colaboración coa Libraría Libraida. – A cabra boba (OQO) – Quero andar sen rodiñas (Kalandraka). – Cincenta e as zapatillas peludas (Xerais) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Clubs de Lectura
16/04/2026O próximo venres 24 de abril ás 18 horas agárdanos unha sesión moi especial de Contos en Cueiros, pois recibiremos a visita da Banda dos Cueiros. O contacontos celebrarase, coma sempre, na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. A entrada é de balde e precisa inscrición previa, para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 22 de abril a contosencueiros@gmail.com e facilitar: O nome do bebé. O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois. O nome da persoa adulta que o vai acompañar. Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
16/04/2026O próximo xoves 23 de abril, dentro da Semana do Libro e a Lectura, o Sete Vidas celebrará unha nova sesión para falar de Pifostio co seu autor, Samuel L. París (Xerais). Samuel L. París Dentro de Pifostio atopamos unha serie de relatos que mesturan o fráxil, o indómito, a violencia, a poesía, o delirio, a forma, o entusiasmo, a agonía, o futuro, a decepción, o inesperado e o cotián. Sesenta e un artefactos con xente atrapada, fantasía de andar pola casa, profesionais que fan o que poden, crueldade, ciencia ficción doméstica, mordacidade, dor e humor. Serás ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor. [...]
15/04/2026Neste mes de abril, marcado polo Día do Libro, no club de Lecturas Debuxadas dedicaremos a nosa próxima sesión á obra de Alberto Taracido “O eco dos días rotos”, editada por Demo Editorial. Contaremos coa presenza do autor, en liña. O encontro será o martes día 21 de abril ás 20:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Existe a posibilidade de conexión por videoconferencia, escribe a lecturasdebuxadas@gmail.com e enviarémosche a ligazón á sesión. “O eco dos días rotos” é unha fermosa carta de amor do autor ao barrio coruñés de Labañou, o seu barrio; tamén á memoria colectiva e a unha maneira profunda e real de habitar un lugar. Nos anos setenta os habitantes deste barrio conviven cun franquismo aínda cruento e abusivo, e será a chegada dun novo veciño o que dinamite o que parecían unhas vacacións estivais coma calquera outras. A historia está marcada pola interxeracionalidade, o respecto ao lugar e á súa historia e o duro labor de supervivencia que levan a cabo estes veciños e veciñas, coidándose os uns aos outros. A coidada paleta de cores e o expresivo delineado acompañan esta historia recreando na nosa cabeza a paisaxe de Labañou, así como as peculiaridades de cada personaxe. Na pasada sesión de marzo comentamos a obra “Meteoros (historias de gente que pasa)” de Jean-Christophe Deveney e Tommy Redolfi, publicada por Salamandra Graphic. É esta unha historia moi poética que versa sobre a condición humana. Os personaxes amosan as súas vidas e conflitos nun contexto de incerteza debido á inminente colisión dun meteoro co planeta Terra. Foi unha sesión moi especial que coincidiu co Día de cómic, que resultou ser o 17 de marzo. Animámosvos a celebrar con nós este Día do Libro 2026 dándolle unha oportunidade a esta historia tan especial. [...]
13/04/2026O vindeiro sábado 18 de abril o club Daquelas que Len xuntarémonos para comentar a última exitosa novela da escritora brasileira Tatiana Salem Levy, Vista Chinesa, publicada na súa tradución ao galego por Ed. Xerais. O libro está ambientado en Río de Janeiro, no ano 2014, co Mundial de fútbol e os Xogos Olímpicos á volta da esquina, e conta a historia de Júlia, unha prometedora arquitecta que traballa no proxecto de diseñar o campo de golf da futura Vila Olímpica. Neste contexto de optimismo e mirada cara un futuro esperanzador que se abre cheo de posibilidades para o Brasil, a vida da protagonista vese repentinamente truncada por unha brutal violación que sucede nunha das súas habituais saídas a correr polo famoso miradoiro do Río coñecido como Vista Chinesa. O feito traumático é narrado anos despois cunha extremada delicadeza coma unha carta aos seus fillos, poñendo o foco, non tanto na propia violación, como nas súas consecuencias. Na dor; no inxusto sentimento de vergonza e culpa; no medo de que as pegadas desde corpo ferido podan ser dalgún modo transferidas ás nova xeracións; na dificultade de racionalizar e pór palabras ao acontecido para conseguir refacerse e recobrar a autoestima; nesa outra violencia de ter que pasar por un proceso policial que non está preparado para entender as vítimas… En resumo, una novela escrita con grande sensibilidade e óptica feminista que dá voz a unha supervivente da violencia sexual e que está baseada en feitos reais. O encontro terá lugar ás 12:00 h na Casa da Lectura (Donas). [...]
15/03/2026No club de banda deseñada Espazo Lectura temos para a nosa próxima sesión de marzo o cómic Meteoros (historias de gente que pasa) de Jean-Christophe Deveney e Tommy Redolfi, publicada por Salamandra Graphic. Namentres os medios alertan da chegada dun meteoro de gran tamaño en rumbo de colisión coa Terra, unha serie de personaxes viven os seus conflitos, dramas e alegrías rutinarias e cruzan as súas vidas nunha vila estadounidense nevada, silenciosa e melancólica. Unha historia coral e sutil, na que o posible fin funciona como contraste á pausa coa que se amosan anacos da vida dos seus protagonistas. Meteoros é un dos mellores cómics do ano 2025, premio especial do xurado no pasado festival de Angoulême. Na sesión de febreiro reunímonos para ler “Eu Mato Xigantes”, unha banda deseñada con moita influencia do manga do guionista estadounidense Joe Kelly e o debuxante hispano-xaponés Ken Niimura, publicada en 2008 en formato webcómic e traducida ó galego en 2025 pola editorial Rinoceronte. Falamos moito da obra, do ben elaboradas que están as personaxes, especialmente a protagonista Bárbara, como xoga moi ben co que é real ou non, e como se contan cousas moi complexas de xeito moi sutil. Tratamos moitas máis cousas, como os medos, a adolescencia, salientamos a calidade de tradución ó galego, e o áxil da narración gráfica, e tivemos un debate longo sobre o tebeo, que gustou moito a todas as persoas presentes. A sesión terá lugar o martes 17 de marzo ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Se non podes acudir lembra que tamén podes conectarte e participar por videoconferencia, escribe a lecturasdebuxadas@gmail.com e enviarémoste o enlace á sesión. Agardámoste, vémonos o martes! [...]
11/03/2026Xa está en marcha a Noite na Biblioteca, actividade que Espazo Lectura prepara todos os anos e que serve como peche da tempada das actividades infantís. O Comando Le, xunto co equipo coordinador da mesma, dedicará a sesión do vindeiro sábado 14 de marzo a elaborar materiais e preparar obradoiros que se porán en marcha nesa máxica noite. Na sesión anterior do Comando Le, mediante unha dinámica dirixida por Sabela e Leti, creamos avatares libres de estereotipos de xénero co obxectivo de deconstruir etiquetas e abrir imaxinarios novos sobre identidade.. Vémonos na Casa da Lectura o sábado 14 de marzo! [...]
11/03/2026Neste mes de marzo o club de lectura compartida Lendo Contigo reúnese para falar sobre a obra de teatro Os dedos e o monstro, de Francisco Antonio Vidal, publicada por Edicións Embora. Esta divertida historia pon en valor a diversidade e a diferenza entre os iguais, e destaca polo dinamismo dos seus diálogos.A sesión será o sábado 14 de marzo, ás 12:00h, na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor, Francisco Vidal Blanco. Agardámosvos! Na sesión de febreiro visitounos Fina Casalderrey e falamos do libro Dúas bágoas por Máquina (Xerais). Mantivemos unha conversa moi bonita e interesante sobre a orixe das historias que dan lugar aos libros e falamos da importancia e do poder da palabra. [...]
06/03/2026Algo insólito está a acontecer estes días na biblioteca da Casa da Lectura, pois no seu interior están a aparecer unha serie de obxectos de cores que non sabemos de onde saíron. O próximo venres 13 de marzo ás 18 horas convocamos aos bebés de 0 a 3 anos da contorna para resolver tremendo misterio! O contacontos celebrarase, coma sempre, na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. A entrada é de balde e precisa inscrición previa, para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 11 de marzo a contosencueiros@gmail.com e facilitar: O nome do bebé. O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois. O nome da persoa adulta que o vai acompañar. Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
27/02/2026No mes de febreiro o club de lectura compartida Lendo Contigo reunirase para falar dun dos libros de Fina Casalderrey, “Dúas bágoas por Máquina“, pulicado por Xerais. Este libro, que gañou o Premio Merlín no ano 1991, convida a reflexionar sobre as relacións entre os nenos e nenas e os animais a través dunha narración emotiva, tenra e divertida. A sesión será o sábado 28 de febreiro, ás 12:00h, na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora, Fina Casalderrey. Agardámosvos! Na sesión de xaneiro achegámonos aos “Contos de así foi” de Rudyard Kipling e puidemos gozar de historias realmente alucinantes sobre curiosidades do mundo animal. Podedes ver aquí as imaxes da sesión: [...]
25/02/2026Este vindeiro sábado 28 de febreiro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a última das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives” por esta tempada. Este novo encontro será dirixido, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos). O libro As Alumnas de Paula Carballeira segue sendo o noso fío conductor e, nesta ocasión, crearemos avatares de personajes libres de estereotipos de xénero co obxectivo de deconstruir etiquetas e abrir imaginarios novos sobre identidade Na sesión anterior do Comando Le, mediante unha dinámica dirixida por Sabela e Leti, elaborouse un Vademécum da Igualdade. A rapazada propuxo libremente conceptos relacionados coa igualdade que foron agrupadas posteriormente en diferentes categorías. A seguir elaboraron tarxetas que acabaron conformando un material que quedou na Casa da Lectura como patrimonio do Comando Le. Vémonos na Casa da Lectura o sábado 28 de febreiro! Universidade de Vigo ANILIJ Investigación – Instagram ANILIJ Investigación – Facebook Facultade Filoloxia e Tradución Sabela Salgueiro – Instagram Kidcode Academy [...]
21/02/2026O Sete Vidas reunirase o próximo xoves 5 de marzo para falar da novela Canto máis negra é a amora… do escritor estadounidense Wallace Thurman, traducida por Carlos Valdés e editada por Irmás Cartoné. A protagonista da obra, Emma Lou Morgan, é negra, tanto que lle provoca tristeza e humillación non só na comunidade maioritariamente branca da súa cidade natal de Boise (Idaho), senón tamén entre a súa familia e amizades, de pel máis clara. Na procura dun círculo onde a acepten, aos dezaoito anos deixa o fogar familiar e viaxa primeiro a Los Angeles e despois a Nova York, onde nun Harlem en plena efervescencia atopa unha vibrante escena de clubs, salóns de baile, festas, amoríos… e, aínda así, o rexeitamento tamén da súa propia raza. Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. [...]
18/02/2026O club de cómic de Espazo Lectura terá o libro Eu mato xigantes de Joe Kelly e Ken Niimura de Rinoceronte na sesión de febreiro. Obra de banda deseñada estadounidense publicada en 2008 e que foi traducida ao galego pola editorial Rinoceronte. Barbara Thorson é unha nena de dez anos, esperta e independente, que vive cos seus irmanas maiores. Ten a certeza de que existen xigantes que pretenden atacar o seu fogar, que ela combate con trampas e un martelo de guerra nórdico que leva no bolso ao que chama “Coveleski”. Coa chegada á escola dunha nova psicóloga e Sophia, unha nena que se converte na súa mellor amiga, Bárbara vese na obriga de afrontar os problemas vitais que a levaran a crear ese universo imaxinario. Na sesión de xaneiro comentamos a obra “El Otro Mundo” (Astiberri), obra de Enrique Bonet (guión) e Joaquín López Cruces (debuxo e cor). Tivemos un longo debate sobre a obra e o seu contexto histórico, o enorme traballo que supuñan as Misións Pedagóxicas e os intentos de educación da República, e o que poderíamos ser de ter podido continuar. Salientouse que as tres mulleres que son as personaxes máis destacadas do relato (Carmen, a pantasma, María e Lucía “La Tizná”, unha nena abandonada e maltratada), veñen a representar o pasado, presente e futuro e son o eixo da narración. No apartado gráfico comentamos o áxil que é a narración e a consistencia do debuxo, con moitos caracteres ben diferenciados e unha representación da vila (unha protagonista máis) que fai posible entender as actividades da súa veciñanza e seguir as accións do relato. A sesión terá lugar o martes 24 de febreiro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Agardámoste! [...]
18/02/2026O venres 20 de febreiro ás 18:00h terá lugar unha nova sesión de Contos en Cueiros, o contacontos para bebés de 0 a 3 anos. A sesión, como é habitual, celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión presentaremos un relato rimado de contaxiosa alegría, que terá como protagonista un excéntrico personaxe, con moito humor e con algunha sorpresa. E, por se isto fora pouco, contaremos con acompañamento de música en directo. Non o perdades! A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade.A entrada será, coma sempre, de balde. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos e fillas de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00h do xoves 19 de febreiro a contosencueiros@gmail.com e facilitar: 🔶O nome do bebé.🔶O ano de nacemento: nenos/as de 0-3 anos nacidos en 2023 ou despois.🔶O nome da persoa adulta que o Vai acompañar.🔶Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera).🔶📢En caso de ser socios de Espazo Lectura, o nome do socio/a. Lembrade que é moi importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de inscrición non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Agardámosvos! [...]
15/02/2026O vindeiro sábado 21 de febreiro o club Daquelas que Len xuntarémonos para comentar a obra Sarela, de Marga Tojo, galardoada co Premio SELIC de creación literaria 2024 (Edicións Positivas). Marga Tojo Trátase de unha novela negra inconformista e rebelde, ambientada en Santiago de Compostela e que aborda temas como a perspectiva de xénero, as diferencias de clase, a diversidade afectivo-sexual, o negocio da prostitución, a praga da desinformación, os padróns da violencia sexual ou a precariedade laboral, ao tempo que relata feitos da historia local. Sinopse: Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, unha forense que foi psiquiatra, unha aparición, unha compañeira, un amor, moito desexo, demasiadas superviventes, inxustizas, unha trama de corrupción e de violencia sexual, xogos de poder, un feixe de homes necios e varios fíos dos que tirar… Terá lugar ás 12:00 h na Casa da Lectura (Donas) e contaremos coa presenza da autora. [...]
24/01/2026O próximo venres 30 de xaneiro ás 18 horas terá lugar a cuarta sesión desta tempada de Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, despediremos o mes de xaneiro con temática invernal, contando e cantando historias, onde os protagonistas serán o frío, a neve, a roupa de abrigo, entre outros. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 28 de xaneiro a contosencueiros@gmail.com e facilitar: O nome do bebé. O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois. O nome da persoa adulta que o vai acompañar. Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
23/01/2026O próximo xoves 5 de febreiro teremos unha nova sesión do Sete Vidas, na que nos trasladaremos a Rusia coa novela Corazón de can de Mikhaíl Bulgákov (Hugin e Munin), traducida por Rosana Murias e María Tolstaia A historia desenvólvese en Moscova, onde o profesor Filip Filíppovich Preobrazhenski, cirurxián especializado en técnicas de rexuvenecemento, decide experimentar coa implantación das gónadas e o cerebro dun delincuente no corpo dun can sen dono. Contra todo prognóstico, o animal sobrevive e evoluciona, convertido nun suxeito grotesco que responde ao nome de Poligraf Poligráfovich. En clave satírica, a novela retrata a tensión entre a ciencia e a ética e entre a orde natural e a experimentación social. Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. [...]
22/01/2026O sábado 24 de xaneiro o club de lectura compartida Lendo Contigo reúnese para falar das historias recollidas no libro Contos de así foi, de Rudyard Kipling, da editorial Sushi Books. Lendo estes contos descubriremos de onde lle vén a chepa ao dromedario, como lle saíron as manchas ao leopardo, ou por que o elefante ten a trompa tan longa. A sesión será ás 12:00h na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar. Agardámosvos! Rudyard Kipling No mes de decembro realizamos un obradoiro con Iván R. e o Porquelandia. Tivemos a oportunidade de aprender sobre o oficio da ilustración, de coñecer como naceu a idea deste xogo e de inventar respostas aos por ques dos personaxes que aparecen nas cartas. Pasámolo moi ben e fixemos as nosas propias cartas para incorporar ao xogo. Podedes ver aquí as imaxes da sesión: [...]
21/01/2026Este vindeiro sábado 24 de xaneiro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a terceira das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives” Este novo encontro será dirixido, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos). Nesta ocasión a sesión consistirá na elaboracion dun Vademécum con ferramentas, recursos e conceptos clave para traballar igualdade, respecto e diversidade co obxectivo de que os/as participantes teñan unha ferramenta propia de consulta e empoderamento. Á sesión anterior do Comando Le acudiron 15 rapaces e rapazas. A dinámica dirixida por Sabela e Leti comezou refrescando os estereotipos de xénero da sesión de novembro. A seguir, centrouse nos conceptos chave do libro As Alumnas, mediante dúas dinámicas: un mapa da empatía para coñecer mellor as dúas personaxes principais da obra de teatro e un collage crítico para representar as mensaxes que transmite a obra. Foi un encontro moi imaxinativo e creativo. Pasámolo moi ben. Vémonos na Casa da Lectura o sábado 24 de xaneiro! Universidade de Vigo ANILIJ Investigación – Instagram ANILIJ Investigación – Facebook Facultade Filoloxia e Tradución Sabela Salgueiro – Instagram Kidcode Academy [...]
17/01/2026O club de cómic de Espazo Lectura terá o libro El otro mundo de Enrique Bonet e Joaquín López Cruces de Astiberri na sesión de xaneiro. Esta historia transcorre no verán de 1933 cando un grupo de estudantes e mestres chegan a unha aldea da Alpujarra enviados polo goberno da Segunda República para desenvolver alí un dos seus proxectos culturais máis ambiciosos: as Misións Pedagóxicas. A ilusión, entusiasmo e complicidade de parte dos habitantes, xúntanse coa desconfianza e hostilidade dos que atopan que este proxecto pon en perigo as súas crenzas e tradicións. Na sesión de decembro comentamos a obra El nirvana está aquí¸de Mikael Ross (Astiberri) na que destacamos a linguaxe desenfadada dos personaxes e a expresividade do autor para integrar texto e debuxo, así coma o estilo do libro, rozando o manga. Na segunda parte da sesión comentamos A campá do Rianxo de Alfredo López “Tokio” na que narra o tempo de Reboiras na Fronte Cultural Galega (UPG) en paralelo á realidade social e política de Europa e do mundo, e entre outras cousas, como desenvolvían todas as súas actividades burlando a vixilancia policial e política. A sesión terá lugar o martes 20 de xaneiro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Agardámoste! [...]
02/01/2026O Sete Vidas comezará o 2026 con dúas lecturas. O próximo xoves 8 de xaneiro reunirémonos para comezar o ano falando das novelas A lei do mar (Xerais) e Trickstar. Postais desde as estrelas (Boadicea) co seu autor, Manuel Esteban. A lei do mar narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, un relato de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Por outro Trickstar lévanos ao ano 2076, cunha Terra a piques de colapsar e a vida no espazo como única esperanza para a humanidade, cando a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da radiación cósmica conducirán a unha guerra de poderes. Dúas novelas moi diferentes, pero con temas en común. Manuel Esteban Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor. [...]
13/12/2025O club de cómic de Espazo Lectura despide o ano 2025 co libro El Nirvana está aquí de Mikael Ross de Astiberri. En Lichtenberg, un barrio de edificios prefabricados da cidade de Berlín, viven dous irmáns adolescentes de orixe vietnamita. Levan unha vida normal e tranquila ata que un día se atopan cunha misteriosa moza que está fuxindo e, sen pensalo moito, deciden axudala. Un thriller co tráfico de persoas como telón de fondo. Na segunda parte da sesión contaremos coa presenza de Tokio para comentar a banda deseñada: A campá do “Rianxo”, que homenaxea a Moncho Reboiras no 50 aniversario do seu asasinato. Na sesión anterior o cómic que protagonizou a sesión foi “A miña outra vida” de Miguel Rojo. Trátase en gran parte dunha obra autobiográfica, xa que conta a historia dun debuxante afeccionado, na crise existencial dos 40, angustiado polo paso do tempo e cunha sensación de certo fracaso por non ter aproveitado o tempo debidamente. Nas súas propias palabras o libro está dedicado “a todas aquelas persoas que pensan que non están vivindo a vida que soñaban vivir”. A sesión terá lugar o martes 16 de decembro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Agardámoste! [...]
09/12/2025Este vindeiro sábado 13 de decembro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a segunda das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives” organizado pola UVigo no que colaboramos desde Espazo Lectura. Co libro As alumnas de Paula Carballeira como protagonista tentaremos reflexionar e visualizar de maneira artística os conceptos claves do libro, facilitando unha lectura crítica desde a emoción e a creatividade que será dirixida, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos). Á sesión anterior do Comando Le acudiron 20 rapaces e rapazas. A dinámica dirixida por Sabela centrouse na desmitificación do amor romántico e na prevención das ciberviolencias sexuais, tomando como punto de partida a identificación de estereotipos de xénero, a análise crítica de modelos de relacións e a comprensión das violencias presenciais e dixitais que afectan á mocidade. Vémonos na Casa da Lectura o sábado 13 de decembro! Universidade de Vigo ANILIJ Investigación – Instagram ANILIJ Investigación – Facebook Facultade Filoloxia e Tradución Sabela Salgueiro – Instagram Kidcode Academy [...]
09/12/2025O vindeiro sábado 13 de decembro o club de lectura compartida Lendo Contigo celebrará a última sesión do ano co xogo “Porquelandia”, de Ledicia Costas e con ilustracións de Iván R., publicado por Triqueta Verde. Nesta ocasión contaremos con Iván R. para xogar, debuxar historias e para achegarnos ao oficio da ilustración. Será ás 12:00h na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas). Agardámosvos! En novembro a lectura proposta foi “Puntiño e Borrón”, de Anna Taraska (Triqueta Editora). Durante a sesión probamos moitos xogos de lapis e papel, ampliamos as historias da nena Puntiño e escoitamos a mensaxe que nos enviou, desde Polonia, a mesmísima autora do libro. Deixámosvos aquí as imaxes da sesión: [...]
07/12/2025O vindeiro venres 12 de decembro ás 18 horas teremos unha nova sesión de Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. Será esta unha sesión moi especial, a cargo de Marta Ortiz, profesional da narración oral, co espectáculo Canta, buguina, canta! Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto. Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 10 de decembro a contosencueiros@gmail.com e facilitar: O nome do bebé. O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois. O nome da persoa adulta que o vai acompañar. Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]

Novidades das Editoriais Socias Protectoras

Aira Editorial29 photos

Alvarellos1 photos

Antela Editorial12 photos

Baía Edicións6 photos

Belagua12 photos

Cuarto de Inverno13 photos

Cumio6 photos

De Conatus2 photos

Demo Editorial1 photos

El Patito Editorial1 photos

Hércules de Ediciones16 photos

Ir Indo1 photos

Galaxia12 photos

Hugin e Munin15 photos

Irmás Cartoné15 photos

Kalandraka56 photos

Patas de Peixe6 photos

Pepa A Loba5 photos

OQO6 photos

Rinoceronte50 photos

Rodeira1 photos

Urco Editora1 photos

Xerais111 photos