“Carol” pecha a tempada do Sete Vidas

O próximo xoves 4 de xuño o Sete Vidas pechará a tempada falando de Carol de Patricia Highsmith, editada por Kalandraka con traducción de María Alonso Seisdedos.

Therese traballa como dependenta nuns grandes almacéns de Nova York. Un día de inverno achégase ao seu mostrador Carol, unha fermosa muller duns trinta anos. Cando as súas miradas se encontran, senten unha enorme atracción que irá a máis. As dúas mulleres abandonan as súas triviais rutinas na procura de espazo onde o seu amor pode florecer. Pero Therese tamén é consciente dos enormes obstáculos cos que se deberán enfrontar.

Será ás 20:00 na Casa da Lectura. Tamén compartiremos uns petiscos para celebrar a fin da tempada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *