“Sarela” no Daquelas que Len

O vindeiro sábado 21 de febreiro o club Daquelas que Len xuntarémonos para comentar a obra Sarela, de Marga Tojo, galardoada co Premio SELIC de creación literaria 2024 (Edicións Positivas). Trátase de unha novela negra inconformista e rebelde, ambientada en Santiago de Compostela e que aborda temas como a perspectiva de xénero, as diferencias de clase, a diversidade afectivo-sexual, o negocio da prostitución, a praga da desinformación, os padróns da violencia sexual ou a precariedade laboral, ao tempo que relata feitos da historia local. Sinopse: Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, unha forense que foi psiquiatra, unha aparición, unha compañeira, un amor, moito desexo, demasiadas superviventes, inxustizas, unha trama de corrupción e de violencia sexual, xogos de poder, un feixe de homes necios e varios fíos dos que tirar… Terá lugar ás 12:00 h na Casa da Lectura (Donas) e contaremos coa presenza da autora.









