“O cento voando” no Daquelas que Len

sábado 11 de novembro o Daquelas que Len reúnese por primeira vez esta tempada para falar arredor da obra O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias de Andrea Nunes e Ánxela Lema (Editorial Xerais).

Este ensaio está baseado nas non-monogamias feministas e analiza os vínculos afectivo-sexuais non hexemónicos: amizades, parellas, familia… considerándoos a todos de igual importancia, sen privilexiar a/as parella/as. Presenta textos delas dúas e doutras 15 persoas que nos achegan as súas experiencias persoais e que, coma elas, queren construír outro mundo a través doutro xeito de entender os afectos, sen romantizacións, pero non por iso exentas de dificultades e contradiccións.

Será ás 12:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza da autora Andrea Nunes Brións.

Andrea Nunes Brións

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *