Mi vida sin rosa de Lizth Bianc (Fandogamia) é o cómic escollido para a vindeira sesión compartida entre o Daquelas que len, club de lecturas feministas e o Lecturas debuxadas, club de cómic, de Espazo Lectura.
Terá lugar o vindeiro martes, día 23 de abril, Día internacional do libro.
É unha obra autobiográfica, introspectiva e honesta, na que unha muller sente que sería mellor ter outro rol, ser doutro xeito, levándoa a odiar todo o feminino que hai nela a causa da presión social e a violencia que sofre polo feito de ser muller.
Os conflitos de xénero, a sociedade patriarcal, os estereotipos e a carga sobre o corpo feminino son algúns dos temas que aborda esta obra.
Esta actividade enmárcase dentro da Semana do Libro e a Lectura que, Espazo Lectura organiza coa colaboración do Concello de Gondomar para celebrar o día do Libro. Podes consultar o resto da programación na nosa web.
A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, tes a opción de participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.
Agardámoste!