UNHA ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA LECTURA

Espazo Lectura é unha organización non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. Está situada en Gondomar, no Val Miñor, e organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo de iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas. Para levar a cabo os seus fins, Espazo Lectura mantén unha programación, tanto estable coma conxuntural, en relación cos cometidos que persegue, atendendo ao principio de que o libro ou a lectura sexan o elemento nuclear e de referencia. As populares sesións de contacontos coñecidas baixo o nome de
Contomar son a actividade fundacional da asociación. O traballo de Espazo Lectura oriéntase basicamente en tres liñas principais: a creación e animación de clubs de lectura, a divulgación e sensibilización, e a formación especializada en fomento da lectura. O funcionamente interno de Espazo Lectura é abertamente democrático e baséase no consenso. A asociación consta dunha Xunta Directiva formada por 10 membros, de carácter executivo; dun Consello Operativo, formado por 19 membros, que se reúne dúas veces ao ano e avalía todas as actividades e o funcionamento interno da asociación; e da Asemblea Xeral, que é o órgano de representación de
todos os socios e socias. Ademais, existen distintas comisións de traballo por áreas ou actividades.
Recoñecementos: Premio Liber á mellor iniciativa de fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público 2024
Premio Follas Novas á mellor iniciativa cultural ou de fomento da lectura no ano 2024. Premio á mellor iniciativa cultural ou de fomento da lectura na Primeira Gala do Libro Galego no ano 2016 Premio Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural no ano 2010 Segundo Premio de Dinamización Sociocultural Everest no ano 2010 Premio Irmandade do Libro na modalidade de Fomento da Lectura no ano 2009
Contacto: espazolectura@gmail.com ou
669 244 966Xunta Directiva:
A Xunta Directiva de Espazo Lectura está formada polas seguintes persoas:
Presidenta: Yaiza Peixoto
Vicepresidenta: Marta Fernández
Tesoureira: Cristina Rocholl
Secretaria: Cristina Álvarez Vogais: Aida Espada
Diego Atanes
Gullierme Rodríguez
Iago Leirós
Senén Costas
Víctor Pérez
Consello Operativo:
O Consello Operativo de Espazo Lectura está formado polos membros da Xunta Directiva mais as seguintes persoas: Ana Fernández
Anahí Barros
Anaír Rodríguez
Anxo Iglesias
Beatriz Núñez
Beatriz Pereiro
Concha Costas
Félix Rodríguez
Fran Alonso
Luís Domínguez
Noa Costas
Sara Carballa
Xoán Cruz
Xosé Manuel Moo
Coordinadores de áreas ou actividades:
Coordinación da web e comunicación: Beatriz Núñez, Iago Leirós, Marta Fernández e Yaiza Peixoto
Coordinación do Contomar: Marta Alonso, Marta Fernández, Mirian Rodríguez e Senén Costas.
Coordinación da Casa da Lectura:Aida Espada, Ana Fernández, Iago Leirós, Lucía Neira, Víctor Pérez e Yaiza Peixoto.
Coordinación do Lendo Contigo: Anaír Rodríguez, Iago Leirós, Víctor Pérez e Yaiza Peixoto.
Coordinación do Sete Vidas: Diego Atanes, Rita Fernández e Víctor Pérez.
Coordinación do Lecturas Debuxadas: Beatriz Núñez.
Coordinación de Contos en Cueiros: Senén Costas Sánchez, Silvia Camesella Gesteira, María del Carmen D’Agostino Pérez, Daniel Sánchez Limón.
Coordinación do Comando Le: Beatriz Núñez, Eva Pena, Ángeles Rodríguez, Raquel Expósito e Auri Fontán.
Coordinación do Dar de ler como quen dá de beber: Xunta Directiva.
Coordinación do Daquelas que Len: Eli Suárez, Beatriz Pereiro e Sara Carballa.
Coordinación das Noites Golfas: Xunta Directiva.
Coordinación de Arquivo e Biblioteca: Eli Suárez, Beatriz Pereiro e Rita Fernández.
Banda dos Cueiros: Anxo Iglesias, David Rodríguez, Félix Rodríguez, Pablo Rial, Sabela Salgueiro e Xosé Manuel Moo.