Ademais dos socios ordinarios, que son fundamentais para o fortalecemento da asociación, os estatutos de Espazo Lectura contemplan a posibilidade de nomear socios/as protectores/as que serían, segundo a súa definición estatutaria «aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúan materialmente e de forma notable ao sostemento da asociación».
Na Asemblea Xeral Ordinaria do día 24 de xaneiro de 2009 foron aprobados os primeiros/as socios/as protectores/as e desde entón o número foi medrando e fóronse incorporando novas entidades como socios protectores.
Espazo Lectura agradécelle a todos os socios protectores o seu apoio e contribución ao desenvolvemento do seu proxecto lector, así como ao Concello de Gondomar a liña de colaboración regular que mantén na programación da asociación.
Editoriais:
- Aira Editorial
- Alvarellos Editora
- Antela Editorial
- Baía Edicións
- Belagua Ediciones
- Cuarto de inverno
- Edicións do Cumio
- Edicións Xerais de Galicia
- Editorial Galaxia
- El Patito editorial
- Hugin e Munin
- Ir Indo
- Irmás Cartoné
- Kalandraka
- OQO editora
- Patas de Peixe
- Rinoceronte editora
- Rodeira (Grupo Edebé)
- Urco Editora
Centros de ensino
- CRA Antía Cal (Gondomar)
- CEIP Souto-Donas (Gondomar)
- CEP Neira Vilas (Gondomar)
- CEIP Chano Piñeiro (Gondomar)
- CEIP Serra Vincios (Gondomar)
- CEIP de Belesar (Baiona)
- CEIP Humberto Juanes (Nigrán)
- CEP da Cruz (Nigrán)
- CPI Cova Terreña (Baiona)
- CEIP Carlos Casares (Nigrán)
- EEI As Dunas de Panxón (Nigrán)
- CEP Sabarís (Baiona)
- IES Auga da Laxe (Gondomar)
- IES Terra de Turonio (Gondomar)
- IES Escolas ProVal (Nigrán)
- EEI O Areal (Baiona)
- CPI de Panxón (Nigrán)
Entidades culturais
- Berrobambán teatro
- Vichelocrego teatro