O próximo luns 22 de abril, ás 18:00 horas, o Contomar trasládase á Praza Rosalía de Castro de Gondomar para celebrar esta sesión especial por mor da celebración da Semana do Libro e a Lectura.
Esta actividade está organizada por Espazo Lectura coa financiación do Concello de Gondomar.
A praza de Rosalía encherase de grelos, kiwis, cenorias, cabras, lagartos e moitos temassos divertidos e saudables, adobados con guitarrazos e moitos instrumentos máis da man de Brais das Hortas co seu Consertasso na horta.
En caso de chuvia a actuación levarase a cabo na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Agardámosvos!