Etiqueta Contomar

Peche de tempada do Contomar 

Despois dunha tempada chea de piratas, fuxidas, monstros, ratos, caixas, chuvia, tartarugas, corvos, piollos, lume… o Contomar chega ao seu fin. Unha tempada moi especial na que, ademais de compartir historias celebramos o 20 aniversario desta actividade que leva dúas décadas facendo…

O CEIP Souto Donas no Contomar

O próximo luns 18 de maio, ás 18:00 horas, celebrarase unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar dirixida a nenas e nenos de 3 a 9 anos. Nesta ocasión, o Contomar recibirá a visita dun grupo de…

Contomar, este luns 11 de maio

O próximo luns 11 de maio, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos:– Patas arriba (Kalandraka). – Cinco ratiños (Kalandraka). – A vella Lulula (OQO). – Piolliños (Antela).…

Contomar, este luns 27 de abril

O próximo luns 27 de abril, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior, con motivo da conmemoración da Semana do Libro e…

Pakolas no Contomar

Este luns 20 de abril ás 18:00h, a Casa da Lectura (Donas) énchese de música, contos e diversión co espectáculo Rockeando coa Ramona Pequena, a cargo de Pakolas. Unha proposta chea de ritmo, humor e historias que fará gozar ás crianzas… e tamén ás familias. Agardámosvos!

Nova sesión do Contomar

O próximo luns 13 de abril, ás 18:00 horas, terá lugar unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.  Na sesión anterior visitáronnos as mestras do CEIP Chano…