Admin

Admin

Contos e cantos, na Casa da Lectura

Este mércores, na Casa da Lectura, contamos e cantamos. Contamos os clásicos, pero con encanto! Así que contos, música e algunha sorpresa🤫 Agardámosvos! A biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros. Na última sesión, con Guillerme,…

Nova sesión do Contomar

O próximo luns 16 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos:– O zoo de Xaquín (Kalandraka). – Monstr3s (Patas de peixe). – Con…

“Terra Delas” no Daquelas que Len

O vindeiro sábado 21 de novembro o club Daquelas que Len comezamos a nova tempada con Terra Delas, escrito por Charlotte Perkins Gilman, traducido ao galego por Raquel Senra e publicado por Árbore Azul, un proxecto ecofeminista galego que une literatura, coidados e sostibilidade. Charlotte Anna Perkins Gilman (1860-1935)…

Nova sesión do Contomar, o luns 9 de novembro

O próximo luns 9 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.Na sesión anterior contamos: – Noite de golpes (Kalandraka). – Fiz, o coleccionista de medos (OQO). – Valentina nunca…

Contos de medo no Contomar

O próximo luns 2 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar, para nenas e nenos de 3 a 9 anos acompañados das súas familias. Nesta ocasión, coa chegada do Samaín, os contos de medo serán os…

Mergullámonos no mar!

O mércores 28 de outubro achegarémonos ao mar a través dos contos. Vide preparadas e preparados!  Lembrade que a biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros. Na sesión anterior Concha encheu de cores a Casa…