“Menú de contos” na Casa da Lectura

O próximo mércores 24 de abril, ás 18 horas, na celebración da Semana do Libro e a Lectura, contaremos con unha sesión especial na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), para nenos e nenas de 3 a 11 anos. 

Nesta sesión poderemos degustar un “Menú de contos” que será servido entre os libros da biblioteca de Espazo Lectura. Un improvisado restaurante que poucas veces abre as súas portas, pero que nesta ocasión contará con unha manchea de saborosos pratos e gustosos contos acompañados de boa música en directo. Unha sesión que ben seguro deleitará todos os nosos sentidos. 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *