É tempo de teatro no Lendo Contigo

O sábado 27 de abril o Lendo Contigo celebra unha sesión dedicada ao teatro dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura. Nesta ocasión a obra escollida é Contra o reloxo, de Carlos Labraña (Editorial Galaxia), un divertidísimo texto cheo de misterio co que o tempo pasa voando!

A sesión será o sábado, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar, e contaremos coa presenza do autor.

Agardámosvos na biblioteca! 

No mes de marzo visitounos Ramón D. Veiga e gozamos moito da poesía. Deixámosvos aquí as imaxes deste encontro: 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *