Mes Novembro 2020
Daquelas que len, este martes no Centro Neural
O próximo martes 1 de decembro teremos a nosa sesión do Daquelas que len, con Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López Souto e editado pola Editorial Galaxia. Un libro que se une aos esforzos por recuperar o…
Alma Alonso Costas gaña o certame de Microrrelatos de “Nós Diario”
Celebramos con entusiasmo que Alma Alonso Costas, parte importante da familia de Espazo Lectura desde o comezo cando asistía como participante ás primeiras sesións do Contomar e que foi pasando por outros clubs como o Lendo contigo ou o Comando…
Este sábado, “Plan de rescate” no Lendo Contigo
O sábado 28 de novembro celébrase o encontro mensual do Lendo Contigo. Nesta ocasión, a obra proposta é Plan de rescate, de Antía Yáñez e editado por Xerais. Como di un dos personaxes da historia, é unha aventura onde hai…
Tarde de ciencia no Comando Le
Este próximo sábado 28 de novembro teremos unha nova sesión do Comando Le arredor do libro A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, do neurocientífico Juan Casto Rivadulla Fernández, unha obra publicada pola editorial Galaxia.…
Raquel Queizás este sábado en Contos en Cueiros.
O sábado 21 de novembro Espazo Lectura organiza unha sesión especial a cargo da actriz e contacontos Raquel Queizás co seu espectáculo “O xogo de Nano” para crianzas de 1 a 4 anos. A actividade comezará ás 12:00 horas na…
Club Lecturas Debuxadas este mércores 18
Grandarroiba , de Cristian F. Caruncho, é a lectura proposta para o mes de novembro, na que se conta a historia real de Moncho, a súa vida solitaria de cabreiro e como a sociedade moldea o seu carácter, que conforma…
Premio Nacional á Obra dun Tradutor para Xavier Senín!
O Ministerio de Cultura vén de concederlle o Premio Nacional á Obra dun Tradutor a Xavier Senín. En Espazo Lectura tivemos o privilexio de contar con el na sesión do Lecturas Debuxadas do mes de abril e gozamos e aprendemos,…
Twitter suspende a conta de Espazo Lectura
O día 2 de outubro Twitter suspendeu a nosa conta nesta rede porque parece ser que detectaron unha utilización inusual da mesma. Espazo Lectura @espazolectura é unha asociación sen ánimo de lucro de fomento da lectura e sempre facemos publicacións…