Mes Outubro 2017
«Etham Frome», da norteamericana Edith Wharton, novela na que se vai centrar o Sete Vidas de novembro, coa presenza da tradutora da obra
O martes 2 de novembro temos unha nova cita co club de lectura Sete Vidas. Nesta ocasión falaremos da novela Etham Frome, da norteamericana Edith Wharton, unha historia de emocións desesperadas e prohibidas tensións sexuais é considerada unha das obras…
Tres actividades de fomento da lectura para esta fin de semana, na Casa da Lectura
Espazo Lectura ofrece esta fin de semana tres actividades destinadas a público infantil e xuvenil de diferentes idades. Todas as actividades terán lugar na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, Gondomar), sede da asociación, que ofrece ademais servizo de préstamo…
Únete ao Comando Le!
Festival das Cóxegas 2017
Un ano máis, o Concello de Pontevedra organiza o Festival das Cóxegas, un ciclo arredor das artes escénicas con propostas para toda a familia que, durante todos os domingos do mes de novembro, ofrece espectáculos no Pazo da Cultura desta…
Este mércores van rodar cabazas na casa da lectura
Xa se está achegando o Samaín e na sesión de contos deste mércores 25 de otubro, na Casa da Lectura, rodarán cabazas. Cris Jácome vaise estrear como contadora cos contos Corre, corre cabaciña, Carabuñas e A cociña da bruxa. Logo…
A Casa da Lectura acolle este venres o primeiro encontro de Contos en Cueiros da tempada
O venres 27 de outubro comezan as sesións con bebés de Contos en Cueiros, a actividade de Espazo Lectura que busca achegar os libros e a lectura aos bebés de ata 3 anos. Na sesión coñecerémonos, presentaremos os materiais específicos…
O Comando Le retoma as súas actividades o sábado 28 de outubro
O sábado 28 de outubro, de 20:00h a 22:30h, a Casa da Lectura acollerá a primeira sesión da tempada do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. No…
Na Casa da Lectura, as cousas non sempre son o que parecen
Para este mércores 18 de outubro, na Casa da Lectura temos preparada unha sesión onde as cousas non sempre son o que parecen. Leremos contos que nos sorprenderán por moitos motivos: A Princesa do Courel, Gato Guille e os monstros,…
A novela gráfica «Lamia», Premio Nacional de Cómic 2017, abre a nova tempada do club Lecturas Debuxadas
Este martes 17 de outubro celébrase na Casa da Lectura a primeira xuntanza do club Lecturas Debuxadas desta tempada. A lectura que se vai comentar non podía estar mellor escollida, pois foi galardoada hai sete días co Premio Nacional de…