Este vindeiro sábado 27 de abril, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural que Espazo Lectura organiza para rapaces e rapazas de máis de 12 anos.
Nesta ocasión prepararemos as actividades da Noite na Biblioteca, actividade que Espazo Lectura vén organizando desde 2009 e na que os membros do Comando Le participan axudando na animación ás voluntarias e voluntarios da asociación.
A Noite na Biblioteca terá lugar o 25 de maio e nela participarán os nenos e nenas que acuden asiduamente ás actividades de Espazo Lectura.
Na sesión do mes de marzo contamos coa presenza de Rebeca Carrera, profesora do Conservatorio Profesional de Vigo, e con Leandro Deltell, profesor do Conservatorio de Ribadavia e percusionista en diferentes proxectos, que guiaron a creación musical coa fin de musicar versos propios e alleos empregando diversos elementos e recursos.
Deixámosvos a continuación o enlace ás fotos da sesión anterior:
Vémonos o sábado na Casa da Lectura!