Un mundo por sentir, en Contos en Cueiros

O vindeiro venres 27 de novembro, ás 18:00 h, agardámosvos na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) para compartir unha nova tarde de contos, cancións e pequenas descubertas.

Nesta ocasión, baixo o título Un mundo por sentir, convidámosvos a explorar o mundo a través dos ollos, dos oídos e das emocións dos máis pequenos e pequenas. Porque para os bebés cada son, cada cor, cada palabra e cada sensación poden converterse nunha pequena aventura!

Un encontro pensado para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias, no que os libros e as historias nos axudarán a descubrir, sentir e gozar en compañía.

Como participar?

A actividade é gratuíta, pero cómpre inscribirse previamente, xa que as prazas son limitadas para garantir un ambiente cómodo e tranquilo para os bebés.

Dispoñemos de 16 prazas para bebés, cada un acompañado dunha única persoa adulta. Terán prioridade os fillos e fillas das persoas socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

Para solicitar praza, só tedes que enviar un correo a contosencueiros@gmail.com antes das 12:00 h do mércores 25 de novembro, indicando:

  • Nome do bebé.
  • Ano de nacemento (2024 ou posterior).
  • Nome da persoa adulta acompañante.
  • Teléfono de contacto.
  • Se sodes socios ou socias de Espazo Lectura, nome da persoa socia.

Importante: unha vez rematado o prazo de inscrición, recibiredes un correo para confirmar se tedes praza ou quedades na lista de espera. Lembrade que a inscrición non estará confirmada ata recibir esa resposta.

Agardámosvos con moitas ganas de compartir contos, cancións e un mundo de sensacións! 📖💛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *