“El diablo y Coral” no Lecturas Debuxadas do maio

O club de cómic de Espazo Lectura terá o libro El diablo y Coral de HOMS de Norma Editorial na sesión do vindeiro martes.

En 1938 Hitler entra en Praga e Coral, unha moza xudía que traballa de tarotista nun circo, mantén unha relación tóxica co diaño, que ambos queren romper sen conseguilo. Trátase dunha actualización dos mitos de Fausto e do descenso aos infernos na que Homs, un dos mellores debuxantes europeos, convértese en autor completo por primeira vez.

A sesión terá lugar o martes 19 de maio ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Na sesión de abril comentamos a obra O eco dos días rotos¸de Alberto Taracido (Demo editorial) que narra a chegada ao barrio coruñés de Labañou de Belarmino, un ancián vagabundo que perdeu a memoria e que vén revolucionar. Durante a primeira parte da sesión falamos do Labañou do cómic, unha aldea que aínda resiste ao mundo que chega (a urbanización intensiva, a especulación…) e que é o principal protagonista deste tebeo coral.

Na segunda parte da sesión incorporouse Alberto Taracido e falounos do proceso de creación do cómic, da documentación, dos seus próximos proxectos, dos seus traballos previos en animación (en O Bosque Animado) e pasamos unha tarde estupenda.

LecturasDebuxadas_abril 2026_1

Agardámosvos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *