O próximo venres 24 de abril ás 18 horas agárdanos unha sesión moi especial de Contos en Cueiros, pois recibiremos a visita da Banda dos Cueiros. O contacontos celebrarase, coma sempre, na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura.
A entrada é de balde e precisa inscrición previa, para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade.
Criterios de inscrición:
- Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta.
- Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.
- Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 22 de abril a contosencueiros@gmail.com e facilitar:
- O nome do bebé.
- O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois.
- O nome da persoa adulta que o vai acompañar.
- Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
- En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a
Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.
Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).
Animádevos a participar!



