Categoría Os mércores da CdL

E ti…queres ter un dragón?

O mércores 19 de marzo na Casa da Lectura aprenderemos moitas cousas sobre dragóns e outros réptiles, pero tamén sobre príncipes e princesas en apuros.  Lembrade que a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros. …

A Casa da Lectura énchese de cores

Este mércores 12 de marzo na Casa da Lectura teremos unha sesión chea de cores. Grazas aos contos Vivan as uñas de cores! de Alicia Acosta e Luis Amavisca, De que cor é un bico? de Rocío Bonilla e Colors de Hervé Tullet, experimentaremos a maxia…

Tarde de fantasmas na CdL

Os mércores da Casa da Lectura estanse volvendo arrepiantes! Se a semana pasada os monstros habitaron a nosa casa en Donas, este mércores tócalle o turno a algún que outro fantasma. Aproveitaremos o mal tempo para gorecernos na Casa da…

Os monstros visitan a Casa da Lectura

Este mércores 22 de xaneiro ás 18:00h recibiremos a visita de varios monstros. Eses personaxes fantásticos con características anormais, polo xeral negativas alleas á orde regular da natureza falarannos nesta sesión dos valores do respecto, a convivencia a empatía e…

Volven os Mércores da Casa da Lectura

Este mércores 15 de xaneiro ás 18:00h, a Casa da Lectura retoma as actividades de dinamización lectora tras as vacacións de Nadal. Nesta primeira sesión do ano achegarémonos ao tempo invernal: frío, ceos grises, chuvia… Aparecerá o arco da vella para enchelo…