- A Portada, Biblioteca CdL, Club de Lectura compartida Lendo Contigo, Club de Lectura Sete Vidas, Club de Lecturas Debuxadas, Clubs de lectura, Comando Le, Contomar, Contos en Cueiros, Daquelas que len
Actividades xaneiro 2026



O Sete Vidas comezará o 2026 con dúas lecturas. O próximo xoves 8 de xaneiro reunirémonos para comezar o ano falando das novelas A lei do mar (Xerais) e Trickstar. Postais desde as estrelas (Boadicea) co seu autor, Manuel Esteban. A lei do mar narra unha historia…

Este xoves 4 decembro o Sete Vidas e o Daquelas que Len reuniranse para compartir a última sesión do 2025. Falaremos da novela As nais non, de Katixa Agirre, traducida por Isaac Xubín e editada por Aira Editorial. A autora reflexiona sobre a…

O Sete Vidas recibe novembro cunha nova sesión o próximo xoves día 6, na que falaremos da novela Orbital da escritora británica Samantha Harvey, traducida por Juan Manuel do Río e editada por Rodolfo e Priscila. Seis astronautas comparten os seus días e as…


O próximo xoves 2 de outubro o Sete Vidas regresa tralo verán con novas lecturas. Inauguraremos a tempada coa novela Asasinato na casa rosa, de Arantza Portabales (Galaxia). A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente…


O próximo sábado 7 de xuño o Sete Vidas pecha a tempada cunha sesión arredor da novela Avelaíñas eléctricas, de Sica Romero (Néspera Editora). Avelaíñas eléctricas preséntanos a historia de dúas rapazas que, rematada a carreira universitaria, intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras. A…


O xoves 15 de maio o Sete Vidas reunirase de novo arredor da novela Aprender a falar coas plantas, de Marta Orriols (Aira) con tradución de Isaac Xubín. A historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos,…