O próximo xoves 5 de outubro o Sete Vidas estrea a nova tempada coa obra A parte fácil do escritor Ismael Ramos.
As personaxes do primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen A parte fácil aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes…
Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do autor.