O Sete Vidas despide a tempada o xoves 1 de xuño. Falaremos de Rewind, do escritor Juan Tallón (Kalandraka).
Entre ficción e realidade, Rewind é un relato cru e coral que reflexiona sobre a traxedia, o azar e a capacidade humana para seguir adiante.
A sesión terá lugar ás 20:00 no café Keik (rúa das Ánimas 10, Gondomar).