No mes de outubro, Espazo Lectura inicia o seu habitual calendario de actividades de fomento do libro e a lectura. Os diferentes equipos coordinadores xa están poñendo en marcha as programacións que, a partir do luns 2 de outubro, botarán a andar con normalidade.
O luns 2 de outubro, volven as sesións do Contomar.
Todos os luns lectivos ás 18:00h terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar o Contomar.
O xoves 5 de outubro, primeira xuntanza do Sete Vidas.
O 5 de outubro, o club de lectura Sete Vidas reunirase na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 horas para comentar a novela «A parte fácil» (Ed. Xerais) de Ismael Ramos. Contaremos coa presenza do autor.
O 17 de outubro, Club Lecturas Debuxadas
A primeira xuntanza do Lecturas Debuxadas será o 17 de outubro ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, para falar de «IN.», de Will McPhail (Norma Editorial).
O 28 de outubro, Lendo Contigo, coa presenza do Hematocrítico
O club de lectura compartida para nenos e nenas de Primaria, acompañados polas súas familias, reunirase o sábado 28 na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 12:00 do mediodía. O libro que se vai comentar é «Dona Problemas», de El Hematocrítico (Ed. Xerais). O autor estará con nós durante a sesión.
A actividade para bebés Contos en Cueiros, o Comando Le (club de activismo cultural para adolescentes), así como o club de lecturas feministas Daquelas que Len, tamén retomarán as súas programacións, das que daremos conta nos vindeiros días.
Por outra banda informar de que as obras na Casa da Lectura están a piques de rematar e trasladaremos alí, de novo, a nosa Biblioteca. Polo tanto, non abriremos a sede provisional en Gondomar no mes de outubro.
Animádevos a participar!!!