A nosa benquerida Paula Carballeira vén de gañar o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 pola súa obra “As alumnas” (Editorial Galaxia), a proposta do xurado reunido este venres día 1 de setembro.
O xurado destacou a obra “por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate” e tamén “polos seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo dunha educación moderna, igualitaria e transformadora como propuña a II República” nun texto que “propón ao público unha homenaxe a todas as mestras e ao modelo de escola laica, libre e de pedagoxía avanzada”.
Moitísimos parabéns, Paula, aledámonos moito!!!