Profesorado do CEIP Souto-Donas traerá unha sesión monstruosa ao Contomar

Continuando coa colaboración dos centros de ensino socios colaboradores de Espazo Lectura, o luns 11 de maio estará no Contomar profesorado do CEIP Souto Donas cunha sesión monstruosa. Virá acompalado de monstros de cores cos contos: o monstro Ricardo, A min non me comas, Fíra de aquí horrible monstro verde e O monstro de cores. A cita é ás 18:00 horas, na Biblioteca de Gondomar.

O luns 4 de maio O Comando Le visitou o Contomar. Un grupo de 12 mozos e mozas do Comando Le encargáronse da sesión do Contomar do 4 de maio de 2015. Seguindo o fío condutor do conto “A que sabe a lúa?”, os nenos e nenas puideron achegarse tamén ás historias de “Elmer”, “Unha casa a medida”, “A cebra Camila” e “O galo avisado e o raposo trampulleiro”. Tamén cantamos e escoitamos o poema do ratiño namorado da lúa. Mentres, os animais ían gabeando uns por riba doutros para tentar coller un anaquiño de lúa…