Quedamos para xogar no Contomar

Este luns, 23 de marzo, quedamos para xogar cos contos no Contomar. Leremos, entre outros, Queres xogar comigo?; O señor Corpo quere xogar ou Pequeno azul e Pequeno amarelo. A sesión comeza ás 18:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Na sesión da semana pasada recibimos a visita de A Tropa de Trapo, que chegou dende o CEIP Chano Piñeiro de Gondomar. Os profesores Estela, Germán, Dolo e María contáronnos os contos: “Perdido?”, “As manoplas de Carapuchiña”, “Imos cazar un oso” e “Polo Pepe”, ademais fixéronnos cantar e bailar nunha sesión moi distendida. Estas son as fotos dese día.