Seres mínimos na Casa da Lectura

Hai seres tan pequeniños, tan minúsculos que poderíamos dicir que son seres mínimos. Uns pásannos desapercibidos, como Pulguiña, e outros case non pesan nada, como a Señorita Pluma. Este mércores, 28 de outubro, na Casa da Lectura, imos tentar descubrir os seus agochos e tamén se é certo que algúns poden ata voar.
A sesión comeza ás 18:00h e desde as 17:30 aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada contamos e cantamos contos sobre a igualdade entre homes e mulleres e construímos un pequeno libro onde todos os personaxes e todas as personaxes facían de todo. Estas son as imaxes dese día.